|
|
Tarifas en vigor dende o 24 de Septembro do 2009
Tarifas máximas – ANEXOS I e IV MARPOL (Líquidos)
As tarifas máximas para o servizo e recepción de refugallos líquidos xenerados por buques, aplicable cando o número de provedores se limitase pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra ou sexa insuficiente para garantir a competencia, serán as establecidas a continuación:
- Colocación de colector/cisterna/depósito en peirao ó costado do buque, retirada do mesmo, transporte a punto limpo, trasvase a cisternas de almacenamento e posterior transporte e tratamento en punto de recepción final:
| Prezo M3 de Marpol Líquido | 90,23 Euros/m3 | | Prezo M3 de Marpol de alta densidade (Lodos, Fangos ou productos que non sexan líquidos a temperatura ambiente) | 125,00 Euros/m3 |
- Os servizos por vía marítima efectuados a buques, plataformas e instalacións fixas situadas na zona de servizo do Porto de Marín, terán unha tarifa máxima de 600 euros/hora e un mínimo dunha hora, adicionais ó prezo por m3 anteriormente establecido.
Recargos máximos sobre todolos conceptos anteriores
1) Recargo por medios de bombeo:
Se para a trasfega fose necesaria a utilización de bombas do prestador, ou se a trasfega se realiza coas bombas do buque, e o rendemento da operación non acada os 5 m3/h, poderase facturar por parte do prestador unha tarifa máxima de 45€/h en concepto de recarga por bombeo.
Tanto como para facturar como para determinar o rendemento, o tempo medirase desde que os medios do prestador observan disposición do costado do buque ata que finaliza a operación de bombeo.
2) Por prestación de servizos fóra de horario:
| Laborais de 20:00 a 8:00 | 12 % | | Sábados, Domingos ou Festivos | 22 % |
3) Nos servizos efectuados a buques, plataformas e instalacións fixas situadas na Zona II do Porto de Marín: 15%
Desconto
Cando por mor do prestador se provoque unha demora indebida ó buque, realizarase un desconto na tarifa equivalente a un 10 % por cada hora ou fracción a partir da primeira hora de atraso.
Tarifas máximas – ANEXOS V MARPOL (Sólidos)
As tarifas máximas para o servizo de recepción de refugallos sólidos xenerados por buques, serán as establecidas a continuación. Nestas tarifas quedan incluidos tódolos gastos de manipulación, suministro de colectores, recollida, carga, traslado, descarga, cuota de vertedoiro e emisión do correspondente certificado MARPOL. Se considera que o servizo se presta no horario seguinte, denominado“horario presencial de prestación do servizo”:
Luns a Venres, de 08:00 a 20:00 horas
Servizo mínimo (estancia 4 días), tarifa máxima (1): 44 Euros.
En caso de que deban retirarse colectores cheos durante a súa estancia ou ben sexa solicitada a retirada de colectores por necesidades do buque, se aplicará unha tarifa máxima de:
| Recollida de colector plástico de 1,1 m3 | 65 Euros. | | Recollida de colector de ferro de 5 m3, con residuos asimilables a Residuos Sólidos Urbáns | 136 Euros. | | Recollida de colector de ferro de 5 m3, con residuos asimilables a Residuos Industriais | 184 Euros. |
Se o prestador co seu personal realiza a recollida a bordo das bolsas de lixo cheas, se incrementará o prezo do servizo nun máximo de:
| Por día de recollida | 14 Euros. | | Por colector de 1,1 m3 | 30 Euros. | | Por colector de 5 m3 | 50 Euros. |
Os servizos prestados fóra do horario presencial de prestación do servizo terán un recargo máximo do 25%. En Sábados, Domingos e Festivos o recargo único máximo será do 40%
O recargo máximo para a recollida de refugallos de cociña de buques procedentes de países extracomunitarios, que requiren medidas especiais durante a recollida, manipulación e tratamento final do acordo co establecido no Regulamento 1774/2002(EC) e ó Real Decreto 1429/2003, será do 25 %.
En dita tarifa, quedan incluidos tódoslos gastos de recollida, transporte, primeiro tratamento, almacenamento e traslado á Instalación de Tratamento Total, así como a emisión do correspondente recibo de residuos MARPOL, segundo o modelo recollido no anexo III do Real Decreto 1381/2002 tramitando o refrendo correspondente, ante a Autoridade Marítima.
(1) Establécese unha tarifa máxima por servizo mínimo (estancia 4 días), para aqueles usuarios que utilicen o servizo e que non cheguen a retirar 1,1 m3 de residuos (1 colector cheo).
|
|