ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

09/03/2021
A Autoridade Portuaria entra no Cluster da loxística de Galicia
 O Clúster da Función Loxística de Galicia e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra oficializaron a adhesión da Autoridade Portuaria á asociación. Con esta incorporación, o Clúster aglutina na súa base asociativa a todas as entidades xestoras de portos na Comunidade Autónoma (autoridades portuarias e Portos de Galicia). No encontro participaron o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa; o director, Miguel Angel Navarro; así como o Presidente do Clúster, Xoán Martínez Reboredo, e membros da directiva, Pedro Pérez-Torres e Iago Domínguez. Abordáronse as iniciativas que na actualidade se están a promover dende o Clúster, entre as que destaca a coordinación para o mellor posicionamento internacional de Galicia no mapa da loxística e o transporte mundial así como o seu papel na representación da función loxística para a mellora da competitividade territorial de Galicia. A suma do porto de Marín consolida o proxecto de crecemento do Clúster como proxecto colaborativo do sistema loxístico autonómico, gañando en competitividade dende a unión de forzas e fortalecendo unha posición agrupada cara ao exterior, que todas as partes consideran fundamental para o futuro da actividade económica galega. Esta integración, vén sumarse aos xa presentes portos da Coruña, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Ferrol-San Cibrao, e a entidade autonómica Portos de Galicia xunto a importantes empresas do sistema portuario galego.
A Autoridade Portuaria entra no Cluster da loxística de Galicia