ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

25/09/2020
O Porto de Marín retirou máis de 20.000 kilos de lixo mariño das costas galegas no que vai de ano
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra xunto coa flota pesqueira do Porto realizou esta semana unha nova retirada de lixo procedente dos fondos mariños. En total, 4.640 quilos de lixo mariño retirada dos caladoiros de arrastre da costa atlántica galega e a profundidades superiores a 100 m, que sumados ás retiradas anteriores deste ano ascenden a 20.048 quilos no que vai de 2020. Desde o ano 2015, cando comezou esta actividade, retiráronse máis de 116.419 quilos de lixo, cunha media anual de 19.500 quilos. A Autoridade Portuaria vai recibindo os residuos que os barcos recollen nas súas redes e traen a terra e trasladándoos a un compactador para posteriormente envialos a un xestor autorizado despois de separar todo o material que pode ser valorizable para os proxectos nos que agora está inmerso o Porto, como Repesca Plas 3 e ML Style, en colaboración co CETMAR entre outros organismos e empresas. Esta actividade de recollida de lixo do mar por parte de flota marinense é continuación dos proxectos ambientais “Nada pola borda” e “ Pescal”, xa finalizados oficialmente pero que a Autoridade Portuaria decidiu seguir mantendo en colaboración con OPROMAR e a empresa marinense Casercan. O Porto de Marín é pioneiro en proxectos ambientais relacionados coa retirada e xestión de lixos mariños. Ademais, coa colaboración das empresas da comunidade portuaria, continúa cos procesos de recollida selectiva doutros residuos portuarios como plásticos de embalaxes, pilas, poliexpan, redes, envases lixeiros, papel e cartón.  
O Porto de Marín retirou máis de 20.000 kilos de lixo mariño das costas galegas no que vai de ano