ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

25/01/2024
O porto mantivo en 2023 o tráfico de mercadorías por enriba de 2,1 millóns de toneladas
O Porto de Marín mantivo en 2023 a súa previsión de situar o tráfico de mercadorías por encima dos dous millóns de toneladas, alcanzando os 2.120.417 tn e superando así as cifras de 2022. Ademais, mantivo un total equilibrio na distribución de mercadorías entre os graneis sólidos que sumaron 1.029.591 tn e representan o 50% do tráfico portuario e a mercadoría xeral, que alcanzou a cifra de 1.061.087 tn, representando unha porcentaxe similar do total de carga manipulada durante o ano. Por grupos de mercadorías, segundo os datos provisionais destaca o incremento da mercadoría xeral non contenerizada, cunha subida do 13,7%. Dentro deste capítulo é destacable o aumento da exportación de pasta de papel con respecto a 2022. Tamén crecen os produtos siderometalúrgicos e o material de construción. En canto á mercadoría en contedor, soben tráficos como o de pezas de automóbil, conservas, aceites, madeiras e cortizas, minerais ou produtos alimentarios. Pola súa banda, os graneis sólidos mantéñense en cifras similares ás do exercicio anterior. Neste capítulo, o maior crecemento corresponde ao apartado de cereais e as súas fariñas, seguido do sal común. En canto ao número de buques mercantes atracados nos peiraos do porto, incrementouse nun 7% con respecto a 2022.
O porto mantivo en 2023 o tráfico de mercadorías por enriba de 2,1 millóns de toneladas