ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

27/03/2023
A Autoridade Portuaria se dota dun Código de Conducta complementario ó Plan Antifraude
A Autoridade Portuaria dispón xa do seu Código de Conduta, o conxunto de normas que han rexer a actuación de todo o persoal do organismo en materia de ética, integridade, cumprimento normativo e bo goberno. O Código, que está ao dispor de todos os traballadores a través da intranet corporativa e da páxina web do Porto de Marín, foi aprobado previamente polo Consello de Administración en desenvolvemento da Orde HFP/1030/2021 do 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e complementa ao Plan de Medidas Antifraude aprobado pola entidade. Coa elaboración tanto do Plan como do Código de Conduta, a Autoridade Portuaria manifesta o seu compromiso cos máis altos estándares no cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais e a súa adhesión aos máis estritos principios de integridade, obxectividade e honestidade, de maneira que a súa actividade sexa percibida por todos os axentes que se relacionan con ela como oposta á fraude e a corrupción en calquera das súas formas, tendo unha política de tolerancia cero e dotándose de sistemas de control para previr e detectar calquera posible acto de fraude e corrixir o seu impacto, en caso de producirse. Entre os aspectos que recolle o Código de Conduta para o conxunto de todo o persoal da Autoridade Portuaria atópanse normas de tratamento de información privilexiada, deber de confidencialidade, pautas de relación con provedores e clientes, utilización de datos de carácter persoal, uso adecuado das tecnoloxías da información e comunicación, normas sobre utilización de imaxe e reputación corporativa da entidade, participación en actos externos, relación con actividades políticas ou asociativas, etc.
A Autoridade Portuaria se dota dun Código de Conducta complementario ó Plan Antifraude