Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

22/12/2023
O Consello de Administración recibe formación sobre o plan antifraude
 Na súa última sesión do ano, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria, como máximo órgano colexiado de decisión do porto, recibiu unha charla formativa sobre o Plan Antifraude da entidade, a cargo de Concepción Campos, Doutora en Dereito, subidrectora da Rede Localis e especialista en Administración Pública quen explicou tamén aos conselleiros o proceso de xestión de fondos Next Generation. A Autoridade Portuaria conta cun plan de medidas de control antifraude, así como cun Código de Conduta que poñen especial énfase no ámbito de execución dos fondos MRR (Mecanismo de Recuperación e Resiliencia), @teniendo en cuenta as competencias exclusivamente administrativas que ten atribuídas a Autoridade Portuaria. O Plan está deseñado para catro grandes áreas de loita contra a fraude: prevención, detección, corrección e persecución. O documento tamén contempla o procedemento para seguir para o tratamento dos posibles conflitos de interese e é aplicable a todas as actuacións e proxectos da Autoridade Portuaria que conten con financiamento de fondos NEXT GENERATION e MRR dentro do establecido no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O Código de Conduta complementa ao plan e recolle os principios éticos e actuacións que deben rexer para todo o persoal da Autoridade Portuaria en materia -entre outras cuestións- de igualdade, respecto ás persoas, prevención, protección do medio ambiente, servizo público etc.
O Consello de Administración recibe formación sobre o plan antifraude