ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

24/06/2021
O Consello de Administración aproba o Plan de Empresa 2022 para a Autoridade Portuaria
 Na súa sesión telemática celebrada esta tarde, o Consello de Administración realizou a aprobación inicial do Plan de Empresa 2022 para a Autoridade Portuaria. O documento foi debatido previamente con Portos do Estado nunha reunión técnica celebrada hai unhas semanas. O Plan de Empresa para o próximo exercicio ten en conta o escenario económico actual marcado pola crise sanitaria do coronavirus e as previsións xerais en canto á evolución da recuperación para o conxunto do sistema portuario. Ademais este documento sitúase no contexto de adaptación ao Plan Estratéxico do sistema portuario estatal, cuxa redacción está próxima a finalizar. Deste xeito, o Plan recolle como principais liñas estratéxicas a realización de investimentos orientados a previsións de demanda realistas, a contención no gasto corrente e a prudencia na estimación dos ingresos. Ademais aplícanse criterios de sustentabilidade ambiental en todos os ámbitos da comunidade portuaria e incídese no reforzo da relación porto-cidade a través do papel dinamizador do porto na economía da contorna.
O Consello de Administración aproba o Plan de Empresa 2022 para a Autoridade Portuaria