ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

14/10/2020
A Autoridade Portuaria presenta o seu Plan de Empresa ante Puertos del Estado
 O presidente de Puertos do Estado, Francisco Toledo, mantivo unha videoconferencia con José Benito Suárez e Miguel Angel Navarro, presidente e director, respectivamente, da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, na que acordaron o Plan de Empresa 2020-2024 período en que se investirán 35,2 M€. Entre as actuacións máis relevantes que se acometerán atópanse a mellora de calados nos peiraos Adolfo Reboredo (5,3 M€) e a prolongación do Novo Peirao Comercial (8,5 M€). A Autoridade Portuaria informou de que finalizará o seu Plan Estratéxico durante 2020 e redactará os pregos de prescricións particulares do servizo de manipulación de mercadorías. José Benito Suárez informou que, a pesar de sufrir o descenso de tráficos portuarios como consecuencia da pandemia, o porto conseguirá pechar en positivo o exercicio.
A Autoridade Portuaria presenta o seu Plan de Empresa ante Puertos del Estado