ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

23/04/2024
Betazul S.A, adxudicataria de obras de mellora nas instalacións da lonxa pesqueira
A empresa Betazul S.A é a adxudicataria da obra de “Renovación e mellora das instalacións interiores da lonxa: renovación das bases articuladas dos piares”, despois de ser seleccionada pola mesa de contratación nun procedemento de licitación ao que se presentaron catro ofertas. A obra executarase por un orzamento de 830.000 euros (IVE incluído) e cun prazo de execución de 8,5 meses. A Autoridade Portuaria conta con cofinanciamento europeo para a súa realización, a través dos fondos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura). A lonxa de Marín está en servizo desde 1976 e a súa proximidade á contorna salino fai necesaria a renovación puntual das bases articuladas dos seus piares. Os traballos conlevan a montaxe dunha estrutura metálica auxiliar para a revisión, renovación estrutural e disposición de novas rótulas nos piares. Para a Autoridade Portuaria é unha prioridade o mantemento das instalacións e servizos que se prestan ao sector pesqueiro e así o recolle no seu Plan de Investimentos.
Betazul S.A, adxudicataria de obras de mellora nas instalacións da lonxa pesqueira