ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

14/03/2024
A policía portuaria participa nun curso de seguridade operativa
Esta mañá finalizaron as sesións de formación en seguridade operativa para o primeiro grupo de personal da policía portuaria que participou no curso celebrado en instalacións do porto. A formación, que incluiu prácticas sobre intervencións de tráfico, foi impartida por profesores propostos pola Academia Galega de Seguridad Pública ademáis de personal dos servizos xurídicos da Autoridade Portuaria. Entre outros contidos, os policías foron formados no procedimento sancionador, control de lonxa e coñecemento de especies, documentación de transporte, defensa personal ou sistema de automatización da báscula. Onte comezou a formación para un segundo grupo de membros da policía portuaria.
A policía portuaria participa nun curso de seguridade operativa