O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

A Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

16/10/2026
López Campos amosa a disposición do seu departamento para colaborar coa Autoridade Portuaria de Marín na musealización do faro de Ons
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, amosou a disposición do departamento que dirixe para colaborar coa Autoridade Portuaria de Marín no proxecto de musealización do faro da Illa de Ons. Así llo trasladou nunha reunión en San Caetano ao presidente desta entidade, José Benito Suárez. Neste encontro, o representante do Goberno galego compartiu co titular desta autoridade marítima “o importante valor patrimonial” que posúe o faro de Ons, que o pasado mes de xullo cumpriu 100 anos, como elemento arquitectónico singular “cun amplo número de pezas históricas relacionadas cos sinais marítimos, así como os libros do rexistro que se conservan con datacións moi antigas”. Ademais, López Campos destacou a implicación da Administración autonómica en proxectos similares que xa están en marcha para a musealización ou centros de reinterpretación dos faros das illas Cíes e de Sálvora, a través de convenios entre autoridades portuarias, o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas e a Xunta de Galicia.
López Campos amosa a disposición do seu departamento para colaborar coa Autoridade Portuaria de Marín na musealización do faro de Ons