O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

08/07/2026
A Autoridade Portuaria envórcase un ano máis coa celebración das Festas do Carmen
A Autoridade Portuaria de Marín volverá prestar toda a súa colaboración, como vén facendo cada ano, co Concello de Marín para o desenvolvemento dos actos relacionados coas festas do Carmen. Neste sentido, o porto envórcase no acto marítimo principal coa celebración da procesión marítima en honra á Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, que terá lugar o próximo 16 de xullo a bordo do buque pesqueiro “Novo San Cibrán”. En concreto, o percorrido vespertino, de ao redor de dúas horas e media, realizarase dentro das augas da Ría de Pontevedra, con embarque e desembarque no Peirao Ceferino Nogueira cunha travesía de ata 3 millas de distancia. Ademais, con motivo da procesión marítima, tamén se realizará un valado interior para facilitar a entrada ao recinto portuario ás persoas que participen este acto. Doutra banda, enmarcado tamén nas festas de verán, desde a Autoridade Portuaria habilitarase un lugar de estacionamento de vehículos na zona pesqueira fronte ao tendedero de redes cuberto, entre o 10 e o 16 de xullo e outro aparcamento nas chairas do Novo Peirao Comercial de Marín, este último para as persoas invitadas ao tradicional acto de xura de bandeira na Escola Naval Militar o día 16 de xullo. Ese mesmo día, a Autoridade Portuaria tamén autoriza ao Concello para a tirada de fogos artificiais desde a punta do espigón do paseo Alcalde Antonio Blanco. Ademais, autorízase ao Concello á colocación de iluminación propia das festas en elementos da Avenida de Ourense que pertencen da Autoridade Portuaria e, con motivo da Batalla de Flores, permitirase a saída de carrozas pola porta de Nodosa e habilitarase un desvío de tráfico desde a porta situada diante do estaleiro ata a saída pola praza de España.
A Autoridade Portuaria envórcase un ano máis coa celebración das Festas do Carmen