O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

17/02/2026
O Presidente da Autoridade Portuaria reúnese con representantes de colectivos culturais de Bueu
O presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, recibiu esta mañá a representantes de varios colectivos sociais e culturais de Bueu interesados no futuro do faro de Ons. En concreto, acudiron os portavoces da asociación ecoloxista Anduxía, da asociación cultural PiñeirOns e da asociación de amigos das embarcacións tradicionais Os Galos. Suárez Costa explicoulles o interese da Autoridade Portuaria por impulsar un uso cultural para o futuro do faro de Ons que sexa compatible coa súa función principal como elemento de axuda á navegación e as xestións realizadas ata o momento a través de contactos coas diferentes administracións implicadas. O presidente da Autoridade Portuaria sinalou que é unha gran oportunidade para abrir unha “vía de comunicación directa que sirva para o intercambio de ideas e suxestións sobre o futuro proxecto”. Suárez Costa lembrou aos portavoces das asociacións “o indiscutible compromiso” da Autoridade Portuaria coa conservación e difusión do patrimonio cultural e histórico vinculado ao mar. A Autoridade Portuaria acaba de publicar un libro sobre a historia dos sinais marítimos da Ría, titulado “Rojo a Babor”, unha exhaustiva investigación histórica sobre cada unha das axudas á navegación da Ría de Pontevedra que está a ser distribuída en bibliotecas, arquivos, centros educativos e museos da contorna para poñela ao dispor do público en xeral. Ademais o ano pasado editou unha publicación que recollía un catálogo de pezas históricas vinculadas ao servizo de sinais marítimos.
O Presidente da Autoridade Portuaria reúnese con representantes de colectivos culturais de Bueu