O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

18/03/2025
A Autoridade Portuaria entrega ao Concello de Marín exemplares da publicación Ons, a memoria do faro, para a biblioteca e museos do municipio
O presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, fixo entrega esta mañá á alcaldesa de Marín de varios exemplares da publicación “Ons, a memoria do faro” editada pola Autoridade Portuaria, na que se fai un percorrido a modo de inventario de pezas vinculadas á sinalización e seguridade marítima. Ambos estiveron acompañados por Gerardo Alonso, un dos últimos fareros que permanece en activo adscrito ao servizo de sinais marítimos da Autoridade Portuaria. A publicación xa se remitiu a centros escolares da contorna así como a bibliotecas e arquivos municipais doutros municipios da contorna. O libro recolle máis de 40 pezas históricas existentes no faro da illa de Ons grazas ao traballo de recompilación e conservación realizado ao longo dos anos polos torreros da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. O catálogo recolle desde elementos propios da óptica dos faros a instrumentos como fumívoros, manómetros ou pluviógrafos pasando polos libros de rexistro do faro, entre eles os libros de consumo, libros de contas, libros de ordes etc. Cada peza está acompañada da súa descrición técnica sobre as súas características e funcionalidades, co fin de preservar o patrimonio material e inmaterial vinculado ao faro e á profesión de farero e na liña de Responsabilidade Social Corporativa que ten marcada a Autoridade Portuaria.
A Autoridade Portuaria entrega ao Concello de Marín exemplares da publicación Ons, a memoria do faro, para a biblioteca e museos do municipio