Sustentabilidade

Noticias de Sustentabilidade

NOTICIAS DE SUSTENTABILIDADE

Noticias

18/03/2025
A Autoridade Portuaria renova as súas certificacións ISO de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saúde
A Autoridade Portuaria renovou as súas certificacións de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade E Saúde no traballo, segundo as normas ISO tras a auditoría anual realizada pola entidade LRQA. En concreto renovouse o certificado de calidade ISO 9001 para a xestión da utilización de instalacións portuarias, xestión de servizos xerais, xestión de dominio público portuario e execución e mantemento de infraestruturas vinculadas aos tráficos de pasta de papel, gráneles, contedores, madeira, pesca conxelada e froita. Ademais obtívose a renovación dos certificados 14001 que avala a sistematización dos aspectos ambientais da organización e o certificado 45001 de xestión da seguridade e saúde no traballo.