Sustentabilidade

Noticias de Sustentabilidade

NOTICIAS DE SUSTENTABILIDADE

Noticias

07/03/2025
A Autoridade Portuaria acolle a última das xornadas de presentación do GALP para a solicitude de axudas para proxectos relacionados co sector pesqueiro
O auditorio da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra acolleu esta mañá a última da serie de xornadas informativas de presentación de axudas para o sector pesqueiro da Ría a cargo do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro). Trátase de subvencións para proxectos de desenvolvemento sostible da pesca, a acuicultura e outras actividades relacionadas co medio mariño a través da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura (FEMPA) para os concellos da área de influencia do GALP Ría de Pontevedra (Marín, Bueu, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño). O presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, abriu a xornada dando a benvida aos asistentes e animándoos a aproveitar a oportunidade de optar a axudas para levar a cabo proxectos nos ámbitos de mellora da competitividade, fomento da economía azul, promoción do patrimonio ambiental e cultural ou fortalecemento da cooperación interterritorial. A xornada tamén contou coa asistencia de Juan Rodríguez Aldao, director de Safricope, unha das empresas do porto beneficiarias destas axudas en anteriores convocatorias quen explicou as vantaxes que supuxo optar a esta liña de financiamento. Pola súa banda, Laura Nieto, xerente do GALP, explicou aos asistentes os requisitos e procedemento para poder optar a este financiamento que dispón dunha contía total de 1,5 millóns de euros para os diversos proxectos solicitantes.
A Autoridade Portuaria acolle a última das xornadas de presentación do GALP para a solicitude de axudas para proxectos relacionados co sector pesqueiro