14/09/2026
O Porto de Marín medra preto dun 9% no movemento de mercancías entre xaneiro e agosto
O Porto de Marín, segundo os datos estatísticos provisionais, pechou o mes de agosto cunha porcentaxe de crecemento acumulado do +8,81% con respecto ao mesmo período do ano anterior (xaneiro-agosto) e un total que supera xa os 1,5 millóns de toneladas.
No que vai de ano, medran os dous grandes capítulos do tráfico portuario: tanto a mercancía xera como os graneis sólidos. No primeiro destaca a subida da mercancía en contedor e outras non contenerizadas como a pesca conxelada, os produtos siderometalúrgicos ou o material de construción. En canto aos graneis sólidos, os cereais e as súas fariñas son o apartado de maior crecemento.
En canto á pesca fresca, tamén se rexistra un aumento do 10% con respecto aos oito primeiros meses do pasado exercicio. Con respecto ao número de buques, entre xaneiro e xullo deste ano chegaron a porto un 20% máis de mercantes que na estas alturas de 2025.