ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

03/08/2026
O presidente do Porto recibe á remeira marinense Paula García Vázquez
O presidente do Porto de Marín, Jose Benito Suárez Costa, recibiu na sede da Autoridade Portuaria a Paula García Vázquez, remeira do Club de Remo Ría de Marín. Durante o encontro, a deportista marinense, que vén de recibir o premio á inclusividad na Gala do Deporte de Marín, falou acerca dos seus proxectos de futuro tanto a nivel deportivo como profesional. Pola súa banda, Jose Benito Suárez Costa agradeceulle a visita e a súa gran contribución ao mundo do deporte. Paula García, conseguiu segundas clasificacións en competicións como a individual paralímpica do Campionato Galego de Remo Indoor e no PR3 mixto absoluto do autonómico de Remo Olímpico, así como terceiras posicións no Campionato de España e na Copa Primavera.
O presidente do Porto recibe á remeira marinense Paula García Vázquez