ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

07/05/2026
A empresa Altia deseñará un plan de implantación da IA na Autoridade Portuaria
A empresa Altia é a adxudicataria da asistencia técnica para o Plan de Implantación de Intelixencia artificial na Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, dentro da súa política de dixitalización, innovación e novas tecnoloxías. O Plan identificará prioridades, responsables, controis de cumprimento e secuencia de posta en marcha de accións axustadas ao tamaño e capacidades reais do organismo público, prestando especial atención en materia de privacidade, seguridade e requisitos legais. A Autoridade Portuaria contará cunha folla de roteiro da implantación da IA cun horizonte a tres anos e cun plan de actuacións piloto de alto impacto nun prazo máis curto. Esta actuación enmárcase dentro da aposta pola dixitalización que vén realizando o sistema portuario e que implica o desenvolvemento de portos intelixentes onde a IA poida axudar no desenvolvemento dunha xestión áxil e unha maior competitividade.