26/04/2019
O Porto recibe a visita de alumnos de Enxeñería da USC
Un grupo de de alumnos do Grao de Enxeñería Civil da Universidade de Santiago de Compostela chegaron desde Lugo para visitar esta mañá o Porto de Marín.
A xornada comezou no auditorio da Autoridade Portuaria, onde os alumnos asistiron a unha presentación sobre o Porto e os seus principais terminais e servizos e tamén puideron coñecer os detalles de obras singulares como a construción da torre baliza de Picamillo ou o reforzo do peirao da Illa de Ons, ademais de futuros proxectos como a ampliación do Novo Peirao Comercial.
A continuación, os alumnos trasladáronse á Terminal Cuberta (AWT) onde persoal do Grupo Nogar S.A explicoulles o seu funcionamento. Tamén se achegaron á terminal de graneis agroalimentarios. Tras os almacéns de cereais dirixíronse á terminal de contedores ,Termarín, onde o Grupo Pérez Torres Marítima explicáronlles a operativa dun buque portacontedores.
Por último embarcaron nun catamarán para cruzar a ría e coñecer tamén a obra do porto deportivo de Combarro.