26/04/2024
Antares Forwarding, novo consignatario no porto
A empresa Antares Forwarding S.L solicitou a súa autorización para a prestación do servizo comercial como consignataria de buques no Porto de Marín. A autorización outórgase por un prazo de 5 anos renovable.
Concesión emisario
Entre outros asuntos, o Consello de Administración aprobou a concesión administrativa para a instalación do emisario submarino de Montalvo que mellorará os sistemas de depuración e saneamento dos Concellos de Sanxenxo e Poio, no tramo que discorre pola Zona II ou zona exterior das augas sobre as que ten competencias o Porto de Marín.
Paneis fotovoltaicos
O Consello aprobou ademais unha instalación fotovoltaica para autoconsumo na cuberta da nave que a empresa Pérez Torres Marítima ten na terminal de contedores Termarín.
Esta actuación supón unha aposta polo uso de enerxías renovables, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e a reducir significativamente a dependencia enerxética doutras fontes máis contaminantes o que resulta de interese estratéxico para a Autoridade Portuaria dado o seu compromiso e aposta polo crecemento sostible.