26/03/2026
A Autoridade Portuaria renova a rede de pluviais na zona do sector pesqueiro
A Autoridade Portuaria está a finalizar a obra de renovación da rede de pluviais na contorna do edificio de operadores portuarios do sector pesqueiro coa que se modificou o trazado da mesma e renováronse os tramos necesarios. Trátase dunha actuación cofinanciada con fondos europeos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura) na que se investiron uns 360.000 euros.
Este investimento está recollido no Plan de Investimentos vixente da Autoridade Portuaria e vai na liña de mellora e renovación de infraestruturas para o sector pesqueiro, coa que o porto está moi comprometido e na que xa se realizaron importantes actuacións na lonxa e outras instalacións asociadas ás actividades pesqueiras. A obra de renovación de pluviais foi adxudicada á empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia S.A.U.