ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

29/01/2026
A Autoridade Portuaria subscribe un convenio para a realización de prácticas coa Universidade da Coruña
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra continúa co seu compromiso coa responsabilidade social corporativa e a formación de estudantes dos diferentes ciclos formativos e graos universitarios de Galicia. Por iso, do mesmo xeito que fixo coa Universidade de Vigo, acaba de subscribir un convenio coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas curriculares para alumnos de Grao e Máster. O convenio, asinado por Jose Benito Suárez Costa e Ricardo José Cao Otero, reitor da UDC, é efectivo a partir de hoxe tras a súa inscrición no REOICO (Rexistro Electrónico Estatal de Órganos e Instrumentos de Cooperación). Ambas as partes acordaron establecer unha senda formativa práctica para que os alumnos coñezan a realidade do mundo da empresa, que será fixada en cada caso segundo o perfil requirido dos estudantes en prácticas. O obxectivo é formar e familiarizar ao alumnado coa realidade profesional tanto da Administración Pública como da xestión empresarial.
A Autoridade Portuaria subscribe un convenio para a realización de prácticas coa Universidade da Coruña