English | Español
Traficos
O Porto de Marín consolidou durante 2010 a súa tendencia ó crecemento continuado de mercadorías cun movemento un 17,54% superior ó do anterior exercicio, o que o situou porcentualmente á cabeza do sistema portuario estatal.

Este aumento dos tráficos, xunto ó desenvolvemento de novas accións de calidade nos servizos prestados ó cliente e la modernización de infraestructuras marcaron un ano 2010 moi positivo para o Porto.

Durante 2010 se manipularon no Porto un total de 1.978.891 toneladas de mercadoría, mantendo a tendencia dos últimos anos ó equilibrio entre graneis sólidos (960.542 toneladas) e mercadoría xeral (978.055 toneladas). Nestes dous capítulos aa subida foi do 9,17% e do 28,34% respectivamente.

Evolución do tráfico na última década (en miles de toneladas):

Año20002001200220032004200520062007200820092010
Tn1.6841.9062.0061.7651.7101.9371.8341.9651.6731.6841.979

Entre as principais cifras relativas á mercadoría xeral, o tráfico de pasta de papel acadou en 2010 as 386.000 toneladas, o de madeiras rondou as 181.000 toneladas mentres os productos siderúrxicos acadaron unhas 100.000 toneladas. Dentro da mercadoría xeral destaca tamén o movemento de froita que chegou ata as 62.000 toneladas.

Pola súa banda, o tráfico de contenedores a través da terminal polivalente acadou as 405.518 toneladas e os 48.685 teus, con subidas porcentuais do 45,41% e do 59,14% respectivamente.

En canto á pesca conxelada, o Puerto de Marín é un importante centro de referencia para a industria do frío, cunha capacidade de almacenamento frigorífico que supera os 230.000 metros cúbicos. En 2010 se descargaron en Marín preto de 142.000 toneladas de pesca conxelada. Pola súa banda, a pesca fresca, con especies de gran calidade sitúa o volume subastado en lonxa en 2.441.148 kilos, cun valor en primeira venta preto dos seis millóns de euros.

Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

AVISO LEGAL

E-mail sac@apmarin.com
Oficina principal
Parque de Cantodarea s/n
Apt. 136. 36900 Marin - Pontevedra
Telefono +34 986 85 52 00
Fax +34 986 84 01 93
Oficina Administrativa de Servicios
Darsena pesquera s/n
36900 Marin (Pontevedra, España)
Telefono +34 986 83 80 43
Fax +34 986 88 13 24
Tel. emerxencias 24h +34 986 89 10 10