|
|
O Porto de Marín atópase nun momento crucial para o seu desenvolvemento a medio prazo. Plantexáronse diversos e importantes proxectos, tanto no ámbito das infraestructuras como no da xestión da calidade e as políticas medioambientais.
Nos próximos catro anos executaráse o meirande volume de inversión da historia do Porto. Se incrementarán lonxitudes de atraque e calados e se mellorarán viais e explanadas. Con elo aumentará a oferta do Porto de Marín de cara ás futuras esixencias do tráfico marítimo internacional. Pero ademais das grandes obras, o Porto de Marín ten moi clara a súa vocación de orientación ó cliente a través dun servizo de alta calidade que nos diferencie e nos faga ser competitivos nunha coxuntura tan delicada como a actual. Neste sentido, a Autoridade Portuaria tamén está apostando forte polo desenvolvemento do sector pesqueiro, cuia calidade sempre foi seña de identidade da lonxa de Marín.
Chego polo tanto á presidencia da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra co obxectivo de que o Porto medre en tódolos frontes para seguir xenerando riqueza e emprego na nosa área de influencia. Conto para iso con todos: co esforzo e adicación dos traballadores da Autoridade Portuaria, co apoio das administracións e co compromiso das empresas e clientes que forman a comunidade portuaria. É a nosa misión, e á vez o noso reto, liderar o desenvolvemento da comarca e facer do Porto un referente no transporte marítimo.
O Presidente
José Benito Suárez Costa
|
|