English | Español
Novas
O Porto de Marín conta cun mareógrafo integrado na Rede Redmar de Puertos del Estado

21/12/2009

Dentro dos seus investimentos en seguridade e medio ambiente, o Porto de Marín conta desde hai uns días cunha estación para a medición do nivel do mar composta por un mareógrafo integrado na rede Redmar de Puertos del Estado. Esta rede está en funcionamento desde 1992 e o seu obxectivo é a monitorización dos datos de nivel de mar en tempo real e a xeneración de series históricas para o seu posterior tratamento e explotación. Os datos transmitidos son recibidos no Área de Medio Físico de Puertos del Estado e difundidos a través da súa páxina web.
Na actualidade, a rede está constituída por unha decena de mareógrafos acústicos SONAR, cinco mareógrafos de presión Aanderaa e 23 sensores radar MIROS. Este último é do que dispoñerá o Porto de Marín. Entre outros datos, a partir da información recollida polo mareógrafo instalado en Marín se poderá saber o nivel medio do mar nun periodo de tempo, ou os máximos e mínimos niveis observados.
O mareógrafo de sensor foi instalado no peirao Adolfo Reboredo 1, na zona de expansión do Porto. A súa adquisición e posta en funcionamento atópase dentro dunha relación máis ampla de unidades de seguridade e medio ambiente, entre as que salientan investimentos para a informatización de control da policía portuaria ou diversa sinalización.
En canto ás actuacións en medio ambiente, realizaráse a adquisición de novo equipamento contra lumes e anticontaminante, ademáis dun monitor de partículas en suspensión e unha estación metereolóxica que irá instalada na cuberta do novo edificio da Autoridade Portuaria.

[Ver todalas novas]
Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

AVISO LEGAL

E-mail sac@apmarin.com
Oficina principal
Parque de Cantodarea s/n
Apt. 136. 36900 Marin - Pontevedra
Telefono +34 986 85 52 00
Fax +34 986 84 01 93
Oficina Administrativa de Servicios
Darsena pesquera s/n
36900 Marin (Pontevedra, España)
Telefono +34 986 83 80 43
Fax +34 986 88 13 24