English | Español
Novas
O Porto realiza un simulacro de protección ante unha suposta amenaza de explosivos nun buque

24/11/2009

O Porto de Marín realizou esta mañá un simulacro de protección baseado nunha suposta amenaza de colocación de explosivos nun buque atracado no Novo Peirao Comercial. Tras recibir a notificación de amenaza de explosivos, procedeuse a activar o nivel 2 de protección no recinto portuario. Isto deu lugar a un control nos accesos ó Porto por parte da Policía Nacional e a Policía Portuaria e a un control de saídas por parte do servizo de resgardo da Garda Civil. Ó tempo, estableceuse un control de lámina de auga por parte do servizo marítmo da Garda Civil.
No Novo Peirao Comercial procedeuse ó vallado das instalacións afectadas e a evacuación do barco e zonas próximas ata que se deu por finalizada a emerxencia tras comprobar que se trataba dunha falsa alarma.
O Porto de Marín realiza de forma periódica estes simulacros co obxectivo de analizar o grao de implantación do Plan de Protección do Porto, coordinar as súas actuacións coas Forzas e Corpos de seguridade do Estado e ofrecer formación práctica ó personal de protección da Autoridade Portuaria.


[Ver todalas novas]
Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

AVISO LEGAL

E-mail sac@apmarin.com
Oficina principal
Parque de Cantodarea s/n
Apt. 136. 36900 Marin - Pontevedra
Telefono +34 986 85 52 00
Fax +34 986 84 01 93
Oficina Administrativa de Servicios
Darsena pesquera s/n
36900 Marin (Pontevedra, España)
Telefono +34 986 83 80 43
Fax +34 986 88 13 24