Suárez Costa reúnese co presidente da Cámara de Comercio
07/09/2009
O presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, mantivo esta mañá un encontro co seu homólogo da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Ricardo Mirón. Ambas institucións manteñen un estreito vencellamento tanto polas súas implicacións económicas na comarca como porque a Cámara de Comercio conta con representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.
Suárez Costa indicou que esta primeira reunión servirá para abrir novas vías de colaboración entre Cámara e Autoridade Portuaria, estudiar posibilidades de negocio e aproveitar alianzas empresariais coa fin de gañar competitividade. O presidente da Autoridade Portuaria explicou as grandes vantaxes que para os empresarios da comarca supón a utilización do transporte marítimo e a alta calidade na prestación de servizos que ofrece o Porto de Marín, así como o peso económico do Porto no seu contorno.
Dentro da liña de colaboración aberta, durante este mes de setembro visitará o Porto de Marín unha delegación de empresarios brasileños invitados pola Cámara de Comercio e pertencentes sobre todo ós sectores da pesca e da construcción naval.
|