NOVAS
SIMULACRO: O Porto de Marín pon en marcha o Plan de Protección ante a suposta chegada de inmigrantes ilegais

12/12/2007

A Autoridade Portuaria organizou un simulacro de emerxencia baseado no suposto da arribada a Porto dunha veintena de inmigrantes ilegais, co que puxo a proba o seu Plan de Protección. Tras a chamada do Ministerio de Interior alertando da presencia na Ría dunha embarcación sospeitosa de trasladar inmigrantes ilegais, o Porto de Marín entra en nivel 2 de alerta. A Garda Civil do Mar sae ó encontro do buque Santa Liberdade, de bandeira descoñecida e, tras confirmar que leva inmigrantes ilegais a bordo, se solicita o atraque no Porto. Entre os 20 inmigrantes viaxan dous mulleres embarazadas e, en xeral, todos presentan síntomas de hipotermia e deshidratación.
Unha vez en terra, personal sanitario do 061 desprega unha tenda de emerxencia para clasificar ós inmigrantes segundo o seu estado de saúde. Despois son trasladados a un centro de acollida mentres unha das mulleres embarazadas é evacuada en ambulancia a un centro hospitalario. Mentres, a Policía Nacional procede a identificar e deter á tripulación do barco.
No simulacro colaboraron a Capitanía Marítima, a Garda Civil, a Policía Nacional, SOS Galicia 112, 061 Emerxencias Sanitarias, prácticos do Porto e as empresas Ceferino Nogueira e Amare Marín.
Entre os obxectivos do simulacro estaba analizar o grao de implantación do Plan de Protección do Porto, avaliar a coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado e ofrecer formación práctica ó personal de pretección da Autoridade Portuaria.

[Ver todalas novas]