English | Español
Instalacións
Lonxa

O Porto de Marín dispón duna moderna lonxa de especies de gran calidade. A sala de exposición e venta está climatizada cun sistema de refrixeración que permite acadar unha temperatura de 4ºC para que non se interrompa a cadea de frío no producto pesqueiro. A lonxa está ademais dotada de paneis de poliuretano que permiten a división do espacio en cinco salas independentes.


Terminal Coberta

A iniciativa privada posibilitou a instalación da Terminal Coberta (All Wheather Terminal) no Porto de Marín. Trátase dunha infraestructura pioneira en España que permite realizar as operativas de carga e descarga de mercadoría tódolos días do ano, independientemente das condicións climáticas. É especialmente importante para tráficos sensibles á humidade, como a pasta de papel.


Rede interior de ferrocarril

A rede interior de ferrocarril dispón de 1.150 metros de vías que posibilitan zonas de composición ferroviaria e de carga e descarga de mercadorías, tanto en primeira liña de peirao como nas proximidades das instalacións de almacenamento.



Puesto de Inspección Fronterizo

O porto de Marín, como porta de entrada a mercadorías procedentes de terceiros países, conta cun Posto de Inspección Fronteirizo que dota ós técnicos de Sanidade Exterior e Sanidade Animal e Vexetal dos medios máis avanzados para poder realizar estrictos controis que garanticen a calidade dos productos que entran por este Porto.
O PIF permite cumprir coas directrices europeas que regulan o tráfico de productos destinados ó consumo tanto humano como animal.



Terminal de contenedores

A moderna terminal de contenedores do Porto de Marín conta cunha superficie de 70.000 metros cadrados e unha lonxitude de atraque de 490 metros, peirao Adolfo Reboredo atraque 1 e 2. O calado de 12 e 14 metros permite acoller ós grandes buques portacontenedores. A súa capacidade de almacenamento actual é de 100.000 teus, ampliables a 150.000. Entre o seu completo equipamento, conta con dous guindastres Portainer Panamax




Terminal de graneis agroalimentarios

Terminal intermodal con 367 metros de atraque e calados de 9 a 12 metros. Dúas grúas pórtico 16 Tm x 35 m, unha grúa pórtico 30 Tm x 23 m., un guindastre automóbil 17/63 TM x 44 m. e tolvas ecolóxicas.


Terminal de froita

Dispón de 160 metros de atraque con 9 metros de calado. Superficie coberta e cámaras frigoríficas.


Frigoríficos

O Porto de Marín é un referente nacional en pesca conxelada. Conta cun volume duns 230.000 metros cúbicos de capacidade de almacenamento en frío.


Outras infraestructuras

- Asteleiros: 2
- Varadoiros: 1
- Fábricas de xeo: 1
- Departamentos exportadores
- Departamentos armadores
- Reparación de redes
- Almacéns provisionistas
- Suministro de combustible
Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

AVISO LEGAL

E-mail sac@apmarin.com
Oficina principal
Parque de Cantodarea s/n
Apt. 136. 36900 Marin - Pontevedra
Telefono +34 986 85 52 00
Fax +34 986 84 01 93
Oficina Administrativa de Servicios
Darsena pesquera s/n
36900 Marin (Pontevedra, España)
Telefono +34 986 83 80 43
Fax +34 986 88 13 24
Tel. emerxencias 24h +34 986 89 10 10