Primeiras obras
En 1896, D. Narciso Puig de la Bellacasa remata o primeiro proxecto para mellorar as instalacións do Porto de Marín. Entre as obras proxectadas deseña un dique con tres aliñacións que cunha reforma posterior pasa a ter dúas aliñacións. Este cambio débese á solicitude dos Concellos de Cangas, Marín e Bueu que aconsellan que este Porto non precisa dun dique de tal magnitude. Nos proxectos posteriores tamén se incluirán as obras duna avenida e o espigón en Estribela.

En 1913, o Estado entrega á Xunta de Obras do Porto e Ría de Pontevedra tódalas obras realizadas como dispoñía a Real Orde de 28 de octubre de 1911. As principais obras realizadas en Marín son o Dique Oeste de abrigo, o Dique Este con dous aliñacións, a continuación do xa existente, a estrada de servizo entre ambos diques cunha ponte metálica sobre o Lameiriña e o muro de encauzamento do río. As obras de Estribela son o espigón de abrigo rematado en escaleira e a avenida Este.

As obras no dique Oeste e o dique Este coa estrada de acceso por medio da ponte metálica sobre o río conclúen en 1911.

O tranvía no dique Este.

En 1912, Marín dispón dunha grúa de man de 5 t de forza no dique Oeste e unha de 3 t no dique Este, dos Talleres de Zorroza de Bilbao. Desde 1913, o Porto dispón de iluminación, accesos e estradas, instalacións eléctricas, almacéns, tinglados e as zonas de servizos necesarias para realizar a súa actividade comercial e pesqueira.

No sector pesqueiro de Estribela, para o servizo da Lonxa municipal ¿de 600 m2 proxectada en 1907- existía unha rampa que agora se convirte en espigón. A avenida Este, en primeiro término. Estas obras finalizan en decembro de 1913.