|
|
Imaxe de principios do ano 2001
|
Entre as últimas obras e instalacións destaca o paseo marítimo inaugurado en xullo de 1997 polo lado Oeste do peirao comercial quedando operativo polo seu lado Este e no que se instalará a Terminal Coberta de Ceferino Nogueira no ano 2002.
Desde 1998, a ampla explanada de ribeira está dividida en dúas zonas, unha adicada ó sector de reparacións e outra a explanada de contenedores, instalándose a grúa portacontenedores Kocks de 42 t de forza de Pérez Torres.
No novo sector comercial, habilitado no peirao Sur en 1994, instálanse os frigoríficos de froita e outras mercadorías de Davila Reefer a partir de 1996. En último termo da imaxe, a gran obra realizada, entre 1998 e 2003, é a zona de expansión do Norleste con dúas novas aliñacións de atraque de 12 m de calado que será a nova terminal de contenedores do novo século. Con esta obra, o Porto de Marín que en 1959 poseía unha superficie de 370.000 m2 alcanza os 800.000 m2.
O 13 de febreiro de 1998 sae de Hamburgo a grúa, remolcada por Lady Hamond. Co seu peso de 700 t chegou ó Porto de Marín o 22 de febreiro.
|
Na imaxe, na explanada de ribeira está instalada a grúa de Pérez Torres no atraque chamado número 1 e a Terminal Coberta no peirao comercial Este.
|
Interior da Terminal Coberta, pioneira no sector portuario español para descargar a mercadoría evitando as inclemencias do tempo.
|
O principal reto: a chegada do ferrocarril. Obra sinalada para o Porto desde 1860, iniciada en 1928 e inaugurada en xullo de 2002, conectando directamente o peirao Leirós coa estación de RENFE de Pontevedra. Desde o ano 2003, está ampliándose a terminal ferroviaria cunha terceira vía.
|
E o acceso directo á autopista, por medio da autovía, controlando o acceso ó Porto por medio das novas instalacións de control rematadas en 2003.
|
|
|