|
|
A partir dos anos 80 comezan as sondaxes en busca de novos peiraos comerciais con calados superiores a 7 m. O novo sector comercial partirá do peirao norte do sector pesqueiro. Mentres, o peirao Oeste segue a ampliar as súas instalacións coa adquisición dunha grúa pórtico de Babcock Wilcox de 30 t instalada en 1982.
|
Iniciada na década dos oitenta, entre o peirao comercial e o varadoiro, a zona de ribeira amplía a súa explanada en búsqueda de outras actividades.
|
O novo peirao comercial situado ó norte do sector pesqueiro, construído entre 1983 e 1986 alcanza os 12 m de calado coa baixamar, permitindo a chegada dos buques con cereais a plena carga. Peirao Leirós, a partir de febreiro de 1998 en honor ó seu autor, D. Manuel Leirós Freire. Mentres, no peirao pesqueiro norte está en construcción o frigorífico de Marfrío instalado desde 1987 xunto ós departamentos para exportadores rematado en 1982.
|
 |
Panorámica de 1989:
O peirao comercial xunto á ampliación da explanada de ribeira pavimentada en 1986; xunto á zona de varadoiros, está en construcción a zona de reparacións que remata as súas primeiras obras en 1983, ampliándose a partir de 1987.
No sector pesqueiro destaca o recheo da explanada Este, entre 1981 e 1982, para construir o tendedeiro de redes rematado en 1988; o acceso ó novo peirao comercial ampliando a explanada próxima á área Este entre 1983 e 1984; o frigorífico de Galfrío instalado en 1989.
Por último, o novo peirao comercial no que desde 1988 traballan dúas grúas de pórtico de 16 t, unha das cales ten 35 m de alcance con carga máxima de 20 t e 23 m con 30 t.
|
|
|