English | Español
Anos 50 e 70
A gran obra do camiño de unión ou Autovía Pontevedra-Marín realizada entre 1949 e 1958.

En 1958, desde o último termo observamos a autovía, a península de Praceres, o recheo da chegada do ferrocarril ó Porto, a delimitación do futuro porto pesqueiro e inicio do seu recheo, os pantaláns da lonxa, a zona de ribeira e o varadoiro en primeiro termo.

A gran obra do porto pesqueiro realizada en dúas fases. A primeira entre 1958 e 1963.

A segunda etapa co peirao norte pechando a dársena, entre 1964 e 1967.

En primeiro termo, as instalacións da Escola Naval coa súa dársena pechada polo antigo dique Este, seguido do peirao comercial Oeste e a zona de ribeira cos primeiros recheos dos sesenta ata a zona dos varadoiros. Ó fondo, a obra do porto pesqueiro co dique norte en construcción.

A obra do porto pesqueiro prosegue coa rede de distribución de auga doce e a instalación do depósito elevado de auga salgada en 1965. As demais obras de habilitación dos novos peiraos son da primeira década dos setenta.

Acompañando ó novo porto, entre 1972 e 1974, constrúese o pavillón de venta e empaque cunha superficie na lonxa de 4.288 m2 e os departamentos onde se prepara e envasa o peixe con 4.800 m2.

En canto ás actividades frigoríficas, ós primeiros e pequenos frigoríficos –Frío Industrial (180 m2), José Martín Valdés (80 m2) e Antonio Rosales (60 m2)- que permanecen activos ata 1974, sucédelles o Frigorífico da Cooperativa do Mar (Safricope) instalado desde 1970 e con constantes ampliacións ata a actualidade, con capacidade de 11.480 m3.

O sector comercial, a partir dos anos cincuenta amplía as súas instalacións. Cabe salientar os dous almacéns cubertos, construídos e reformados entre 1949 e 1959; a adquisición de básculas e as grúas –dúas eléctricas de pórtico de 3/6 t de Talleres Grasset e dúas grúas automóbil Nelson de 3/6 t en 1958; dúas grúas de 6 t, Grasset e unha grúa automóbil de 3 a 9 t en 1966 e as dúas grúas de pórtico de 6 t de Macosa en 1975.

En 1959, visto desde a pequena dársena de embarcacións menores, o porto comercial, en plena actividade.

O peirao comercial polo seu lado Oeste utilizouse para buques de guerra e barcos inactivos ata 1973. En 1974 comeza o seu uso para o tráfico comercial.

Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

AVISO LEGAL

E-mail sac@apmarin.com
Oficina principal
Avenida de las Corbaceiras s/n
36002 Pontevedra (España)
Telefono +34 986 85 52 00
Fax +34 986 84 01 93
Oficina Administrativa de Servicios
Darsena pesquera s/n
36900 Marin (Pontevedra, España)
Telefono +34 986 83 80 43
Fax +34 986 88 13 24