|
|
A estratéxica situación natural do Porto de Marín convértese en punto de mira da Mariña creando unha base naval en 1916 e instalando o Centro de Tiro e Calibración por Real Orde de 4 de decembro de 1920. O polígono de Tiro “Janer” e o desexo de ampliar as instalacións militares desembocan no estudio dun novo peirao comercial a partir de 1929.
Poucos anos despois, os terrenos municipais e portuarios deixan paso ás novas instalacións necesarias para a Escola Naval Militar de San Fernando inaugurada o 24 de setembro de 1943. A partir dese momento disporá dos diques Este e Oeste e da dársena que forman co novo peirao comercial de Marín, aínda que a cesión oficial ten lugar o 17 de febreiro de 1945.
Ó fondo, o dique Oeste coas instalacións do Centro de Tiro Naval en 1929. Neste dique atracaban os buques militares e os buques mercantes. En primeiro termo, pequenas embarcacións pesqueiras na zona de ribeira.
|
Finalizando os anos trinta, en primeiro termo as obras na dársena militar, a pequena dársena de embarcacións menores co novo peirao comercial e, en último termo, a zona de ribeira sen rechear.
|
As obras da Escola Naval a punto de finalizar en 1943.
|
En 1947 a nova dársena portuaria de Marín e, ó fondo, o Porto militar onde está atracado o buque Escola Elcano recoñecido polos seus catro mástiles.
|
Ata 1940, a primeira grúa de carretón eléctrica, de 1.5 t de forza, adquirida nos Talleres Zorroza en 1935, estivo instalada na primeira aliñación do dique Oeste xunto ás grúas manuais de 3 e 5 t. Na imaxe, xa no novo peirao comercial.
|
En 1919 comeza o estudio do Varadoiro do Porto rematado na década dos cuarenta e explotado por Tiburcio González desde 1952 ata 1972. A partir de 1972 denominaráse Factoría Naval de Marín. En 1928, Marín dispón de dous varadoiros privados, o de Villanueva Recamán e Manuel Pardavila (NODOSA desde 1993) e o dos irmás Hermida que a partir de 1980 denomínase Astilleros de Marín (ata 1999). Aínda que non se ve nesta imaxe, no extremo Este do Porto atópase Asteleiros de Praceres, en activo desde 1961.
|
O importante movemento pesqueiro da lugar á ampliación do peirao de Estribela cunha segunda aliñación a finais dos anos vinte e punto de partida do Porto pesqueiro rematado nos anos sesenta. Entre 1933 e 1934, as instalacións da Lonxa municipal se amplían con 720 m2 reformando a sala de ventas e as instalacións para preparación e envase de peixe. Á vez que se instala a fábrica de xeo de Pérez Quevedo, Sancho e Cía, ampliada en 1946.
|
|
|