|
|
A misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando á comunidade portuaria na constante procura da excelencia operativa, contribuíndo ó desenvolvemento da súa zona de influencia.
En apoio á consecución da súa Misión define a súa Política de Calidade como marco de actuación para o seu sistema de xestión da calidade dos tráficos portuarios, que inclúe os compromisos de:
Coñecer os requisitos e as expectativas dos clientes, usuarios e terceiros e acadar a súa plena satisfacción, ofrecéndolle un servizo innovador, eficiente e con solucións adaptadas ás súas necesidades.
Dotar ós usuarios dunhas infraestructuras adecuadas, para fomentar o desenvolvemento das actividades que se realizan no porto.
Ofrecer a mellor calidade na prestación dos servizos, tendo en conta os recursos dispoñibles e o cumprimento dos requisitos que a lexislación e regulamento aplicable esixe e aqueles requisitos que o porto subscriba.
Instalar o principio de mellora continua en tódolos procesos realizados pola Autoridade Portuaria sensibilizando ás personas que traballan nela, mediante a implicación e concienciación de todos os nosos empregados unido ó liderazgo e apoio continuo do equipo directivo.
Comunicar esa política dentro da organización para que sexa coñecida e entendida por tódolos seus membros
A chave do éxito para cumprir a nosa misión se apoia no compromiso do noso personal cos clientes, fomentando o desenvolvemento de todos e cada un dos membros da organización e o traballo en equipo.
|
|