AVISO LEGAL DA AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA
O presente aviso legal (en adiante, o “Aviso Legal”) regula o uso do servizo do portal de internet http://www.apmarin.com (en adiante, o “Web”), da AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA, con domicilio social en Avenida das Corbaceiras s/n, 36002 Pontevedra (España) con CIF Q3667004J.
Lexislación
A utilización do Portal atópase sometida igualmente a tódolos avisos, regulamentos de uso e instruccións, postos en coñecemento do Usuario por AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA que substitúen, completan e/ou modifican o presente Aviso Legal.
Con carácter xeral as relacións entre AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA cos usuarios dos seus servizos telemáticos, presentes na Web, atópanse sometidas á lexislación e xurisdiccións españolas.
Para calquera cuestión litixiosa ambas partes, AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA e o USUARIO, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, se someten á xurisdicción e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra (España).
Uso e acceso de Usuarios
O Usuario queda informado, e acepta, que o acceso á presente Web non supón, en modo algún, o inicio dunha relación comercial con AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA.
A AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na súa Web, puidendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nos seus servidores.
A utilización do Portal atribúe a condición de usuario do Portal e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluidas neste Aviso Legal na versión publicada por AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA no momento mesmo no que o Usuario acceda ó Portal. En consecuencia, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o Portal, xa que aquel pode sufrir modificacións.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual do contido das páxinas Web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade de AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA, e, polo tanto, queda prohibida a súa reproducción, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos da súas páxinas Web nin aínda citando as fontes, salvo consentimento por escrito de AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA.
Igualmente, tódolos nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos nas páxinas Web de AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA son propiedade dos seus donos e están protexidas por lei.
Contido da Web e ligazóns (links)
AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA non se responsabiliza do mal uso que se realice dos contidos das súas páxinas Web, sendo exclusiva responsabilidade da persoa que accede a eles ou os utilice.
AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA non asume responsabilidade algunha pola información contida nas páxinas Web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns (links) ou buscadores das páxinas Web de AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA.
A presencia de ligazóns (links) nas páxinas Web de AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN Y RIA DE PONTEVEDRA ten finalidade meramente informativa e en caso ningún supón suxerencia, invitación ou recomendación sobre as mesmas.
|
|