| Codigo de referencia | ES APO 36900 |
| Titulo | Arquivo da Autoridade Portuaria de Marin e Ria de Pontevedra |
| Datas | 1867 |
| Volume e soporte | Máis de 4.000 unidades de instalación en soporte papel e outros |
| Condicións de acceso | Os documentos son públicos e a súa consulta é libre agás as limitacións legais atendendo á normativa vixente. Para ó acceso debe presentarse unha instancia da consulta requirida e o seu motivo ante a Autoridade Portuaria |
| Condición de reprodución | A reprodución dos documentos, nos diferentes soportes nos que se conservan -coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade- poden realizarse tras solicitar os servizos de reprodución e pagar as taxas propias do servizo |
| Lingua / escritura(s) dos documentos | Os documentos están principalmente escritos en castelán.Tamén dispoñemos de obras en galego, inglés, francés, portugués e alemán, entre outros. |
| Características físicas e requisitos técnicos | Os documentos de xestión da Entidade sobre papel presentan un bo estado de conservación grazas ó sistema de control higrotérmico do depósito. |
| Instrumentos de descrición | Cadro de clasificación e inventario informatizado |